Máis de 600 nenos participaron na XXVI Xuntanza Provincial de Patinaxe en Panxón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

Máis de 600 nenos e nenas déronse cita onte no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón para celebrar a XXVI Xuntanza Provincial de Patinaxe Artística, na que participaron as escolas municipais de patinaxe dos concellos de Bueu, Candas, Moaña, Xirando Vigo e Nigrán.

Ademais das actuacións de alumnos e alumnas das escolas, os máis de 1.000 espectadores que abarrotaron o pavillón municipal puideron gozar tamén das actuacións do campión galego de solo dance, Anxo Pidal, do Club Ánfora de Cangas; as alumnas do CPA Gondomar, Miriám Pérez e Alba Franco, campioas de Europa e galega, respectivamente, o grupo da Carpa de Vigo campión galego de show.

 

11 de maio de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.