Máis de 30 adegas Rías Baixas están presentes en Fenavin

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Consello Regulador do D.O. Rías Baixas está a participar estes días na oitava edición da Feira Nacional do Viño, FENAVIN, que terá lugar no pavillón feiral de Cidade Realhasta o xoves 14 de maio. Por primeira vez, a D.O. Rías Baixas acode na caseta conxunta dascinco denominacións de viño galegas.

En Fenavin están presentes máis de 30 adegas de Rías Baixas, das cales 16 mostran os seus viños na caseta da propia denominación, mentres que o resto participan de modo independente. Tanto o presidente como porel secretario xeral do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo e Ramón Huidobro, realizaron unha visita a esta feira e a adegas participantes.

Sobre a importancia desta cita, a directora de promoción do Consello Regulador, Eva Mínguez, explica que FENAVIN é unha feira referente a nivel nacional para as adegas de Rías Baixas. Así se pode comprobar no importante número de empresas que participa nesta edición.

Dentro dos actos que se están desenvolvendo estes días, a organización de FENAVIN distinguiu a cinco embaixadores do viño. Os homenaxeados e defensores do viño desta edición foron a xornalista Ana Rosa Quintana; a ex-tenista Conchita Martínez; o xornalista Luis del Olmo; o director de Mediaset, Manuel Villanueva; e o director do Diario Marca, Óscar Campillo.

FENAVIN converteuse nunha feira consolidada para o sector do viño español. De feito, o pavillón de Exposicións e Congresos de Cidade Real acolle a máis de 1.360 adegas que presentan os seus produtos a decenas de miles de profesionais e a máis de 15.000 compradores nacionais e internacionais procedentes de 65 países.

13 de maio de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.