Máis de 220 establecementos da Magdalena, Ultramar e Catabois acollerán actividades de dinamización e promoción do comercio e da hostalería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e o concelleiro de Economía e Facenda, Alejandro Langtry Caínzos, informaron esta mañá das actividades de promoción e dinamización do comercio e a hostalería que terán lugar esta fin de semana na cidade, e que nesta ocasión concentraránse en A Magdalena, Ultramar e Catabois. Nesta presentación tamén estiveron representantes das tres entidades organizadoras destas propostas: Ultramar Village, ECHO Catabois e a Asociación Centro Comercial Aberto de Ferrol- A Magdalena

Jose Manuel Rey Varela destacou a boa acollida das anteriores edicións da Fashion Night, así como da Festa dos Maios e a Feira de Artesanía e Oportunidades de Catabois; e da proposta Déjate Mimar por Ultramar. “O obxectivo que compartimos Concello, comerciantes e hostaleiros é o de atraer o maior número de persoas posible para convidalas a descobrer a cidade, tanto os seus encantos como a ampla oferta hostaleira e comercial que temos; e para iso é fundamental traballar conxuntamente con iniciativas como esta”, manifestou o rexedor municipal. Un total de 228 establecementos comerciais e hostaleiros destas tres zonas da cidade participarán esta fin de semana no conxunto de actividades programadas dentro deste programa de promoción e dinamización impulsado polo Concello de Ferrol.

Así as cousas, esta nova edición da “Fashion Night Primavera” amenizará mañá venres as rúas do centro da cidade, coa participación no evento de máis de 150 comercios e locais de hostalería. O programa deste Fashion contempla activcidades en máis de 40 puntos do barrio da Magdalena, e se desenvolverán entre as 20:00 horas e as 00:00 horas. Haberá actividades dentro dos locias e tamén a pé de rúa. Os establecementos estarán abertos até a medianoite e a zona Centro albergará desfiles, concertos e promocións especiais. En concreto: máis de 13 concertos en catro horas, tres dj´s, seis expositores, espectáculos de danza e o III Concurso de Xóvenes Deseñadores, entre outras opcións de ocio. Como novidade desta edición, haberá unha festa de fin de fashion a partir das 23:30 horas na praza de Amboage. “É unha noite para sentirnos orgullosos da nosa cidade e para entre todos favorecer o comercio e a hostalería de Ferrol”, manifestou Cristobal García Norés en representación da Asociación Centro Comercial Aberto de Ferrol – A Magdalena.

Catabois e Ultramar

Durante a xornada do sábado 9, as actividades se concentrarán na estrada do Catabois que acollerá dous eventos organizados pola entidade ECHO Catabois: “A Festa dos Maios” e a “3º Feira de Artesanía e Oportunidades”. Estas propostas se desenvolverán entre as 10:30 e as 20:00 horas e se centrarán ao longo dos tres quilómetros da estrada deste barrio.

Arredor de 70 establecementos de comercio e hostalería de Catabois participarán na festa de benvida á primavera engalanando os seus locais con motivos florais. Neste senso, o representantes de ECHO Catabois pediu a colaboración da veciñanza para participar coa decoración das súas vivendas. Tamén haberá música, danza, un city-tren que percorrerá a estrada, atraccións infantís e unha alfombra floral. En canto á 3º Feira de Artesanía e Oportunidades, preto de 90 postos de manualidades, madeira, pedra ou segunda man ocuparán as amplas beirarrúas da avenida de Catabois.

E por último, unha nova edición de “Déjate Mimar por Ultramar. Edición Primavera” repartirá até o vindeiro mércores día 13 un total de 350 euros en vales de compra que poderán ser utilizados en establecementos asociados a Ultramar Village. Os interesados poderán participar nesta actividade que realizarán sorteos a través da páxina web: www.facebook.com/ultramarvillageferrol; e os bonos de compra se dividirán en dous de 50 euros, seis de 40 euros e doce de 30 euros.

7 de maio de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.