Máis de 200 deportistas danse no campionato galego de tenis de mesa de persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá a cuarta edición do Campionato Galego de Tenis de Mesa de Persoas con Discapacidade Intelectual e Física e a cuarta edición do Torneo Internacional Cidade de Ferrol desta disciplina deportiva, que se disputarán os días 23 e 24 de maio no polideportivo do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) San Xoán de Filgueira. A edil estivo acompañada polo presidente do Club de Tenis de Mesa San Xoán, Manuel Fernández, entidade organizadora deste evento que patrocina a Administración municipal.

Máis de 200 xogadores e xogadoras participarán nestas dúas competicións que se desenvolverán este fin de semana na cidade. A cuarta edición do campionato autonómico de tenis de mesa de persoas con discapacidade contará coas categorías de pé e cadeira de rodas mentres que o Torneo “Cidade de Ferrol” disputará os niveis dende benxamín a veteranos así como a absoluta. A edil de Deportes quixo agradecer ao Club San Xoán o seu traballo ao longo do ano e a organización deste evento deportivo “estou segura de que o será todo un éxito”. Martínez Galdós tamén felicitou ao equipo ferrolán “polo seu merecido ascenso a división de honor femenina nacional”. 

Pola súa banda, o presidente do Club de Tenis de Mesa San Xoán, Manuel Fernández, quixo agradecer o apoio que dende a Concellería de Deportes para poder desenvolver esta actividade deportiva. Manuel Fernández destacou a internacionalidade do Torneo Cidade de Ferrol dentro do circuíto galego “coa presenza de case 50 portugueses”.

20 de maio de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.