Máis de 1.300 escolares participarán no mes de maio no programa “Concertos didácticos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Educación do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, impulsa varias actuacións para o presente mes de maio dentro do Programa Educativo Municipal “Concertos Didácticos”. Un total de 1.303 escolares pertencentes a sete Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) do municipio participarán ao longo de tres xornadas nesta proposta que deu comezo hoxe no Teatro Jofre. Estes concertos didácticos continuará mañá xoves e se retomarán o vindeiro día 28.

Así as cousas, en cada unha das tres xornadas haberá dous pases para os escolares dos diferentes centros de ensino. Máis concretamente, hoxe e mañá xoves terá lugar a actuación de Bellón Maceiras e a zanfoñista María López en dúas quendas – a primeira ás 10:00 horas e a segunda ás 12:00 horas-. E o vindeiro día 28, o Conservatorio de Música presentará a obra “Pedro e o lobo”, en dúas sesións – ás 10:00 e ás 11:30 horas- no Jofre. Os sete CEIP´s que participarán nestes concertos didácticos organizados pola Concellería de Educación son os seguintes: A Laxe, Cruceiro de Canido, Esteiro, Isaac Peral, Ponzos, Recimil e San Xoán de Filgueiras.

13 de maio de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.