Maio, mes das Letras en Zas
A programación cultural creada polo Concello de Zas para este mes de maio, marcado polas Letras Galegas, contará con diversas actividades para todos os públicos.
VII Concurso de Marcapáxinas
As Biliotecas Municipais convocan este concurso destinado ao alumnado dos centros de ensino do Concello. Establécense tres categorías. Podes consultar as bases en www.concellodezas.org
Xoves, 7 de maio
- Teatro. Os 7 Magníficos máis 1 “Bivalvos como galegos”. Alumnado do IES Maximino Romero de Baio (12:30h)
Martes, 12 de maio
- Obradoiro de regueifa. Asociación Oral: Regueifeiros de Galicia. CPI de Zas (11.30h)
- Títeres. Títeres Cachirulo “O libro da selva”. CEIP Labarta Pose de Baio (15:15h)
- Animación á lectura. Compañía do Trinke trinke. “Avós”. Biblioteca Municipal de Zas (18.00h)
Mércores, 13 de maio
- Narración oral e ilustración. Polo Correo do Vento “O misterio do pirata Benito Soto”. CPI de Zas (11.50h) – CEIP Labarta Pose de Baio (15.15h)
Sábado, 23 de maio
- Grupo de teatro Teatrófilos do IES Maximino Romero Lema de Baio. “O velorio”. Auditorio de Zas (19:30h)
Martes, 26 de maio
- Animación á Lectura. Compañía do Trinke Trinke. “Avós”. Axencia de Lectura de Baio (18.00h)