Lúa Piñeiro perde na primeira rolda do mundial contra Marruecos
A galega Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport Riveira) caeu na primeira rolda do Mundial de Taekwondo, que se está a disputar estes días en Chelyabinsk (Rusia). Lúa comezaba a súa competición fronte a marroquí Hakimo El Meslahy e foi un duro combate que se decidiu no último asalto a favor da marroquí (2-0). Un duro golpe para a nosa deportista que enfrontaba este Mundial con moitas ilusións e gañas de facer as cousas ben nunha tempada moi importante e ante a posibilidade de sumar moitos puntos para o ranking mundial.
Pero Lúa xa pensa no futuro, porque quedan por diante importantes probas para seguir sumando puntos cara ao obxectivo de clasificarse para os Xogos de Río 2016.











