publicidade hoxe

Lousame organiza un curso de monitor de tempo libre de 350 horas lectivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de tempo libre homologado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O curso terá unha duración de 350 horas lectivas, 200 teóricas e 150 prácticas, e comezará a impartirse o próximo mes de xuño. O obxectivo deste curso é formar aos alumnos para realizar actividades socioculturais e recreativas tanto no medio urbano como na natureza. O seu prezo é de 250 euros e as inscricións poderán formalizarse na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Lousame ou no teléfono 981 820 494. 

Ao rematar o curso, o alumno recibirá un título homologado de monitor/a de tempo libre, que o capacita para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e sociocultural orientadas tanto á infancia e a mocidade, como ás persoas maiores ou con necesidades especiais. Un monitor/a de tempo libre pode traballar en centros socioculturais, asociacións xuvenís, campamentos de verán, en actividades extraescolares de colexios, escolas infantís, garderías e puntos de atención á infancia, en empresas de ocio e tempo libre, etc 

Este curso formativo está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración con FESAN, Escola de Tempo Libre e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Para participar é preciso ser maior de idade e estar en posesión, cando menos, dalgún destes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado escolar (ou equivalente) ou Técnico auxiliar en formación profesional (ou equivalente).

29 de maio de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.