Llovo confirma coa Consellería a licitación de melloras para os centros educativos da Escardia e Arealonga
A Concelleira de Educación, Rocío Llovo, aproveita os últimos días do mandato para deixar pechadas as xestións realizadas nos últimos meses para conseguir a realización de melloras en diversos centros escolares. A edil confirmou hoxe que a Concellería de Educación xa sacou a licitación a eliminación de barreiras arquitectónicas nun aseo da Escardia e a reforma do instalación eléctricas do Arealonga. As obras executarse nas vacacións de verán.
Estas dúas actuacións foran solicitadas polas direccións os respectivos centros xunto con outras que xa se foron atendendo a través de fondos propios do Concello ou da Xefatura territorial de Educación. Neste caso, Llovo optou por xestionar a realización destas obras ante a Consellería directamente logrando a súa inclusión nos orzamentos da Xunta para o ano 2015.
A actuación a acometer no CEIP da Escardia é a adaptación do aseo da primeira planta para poder ser utilizado con comodidade por alumnos en cadeira de rodas. Eliminaranse as barreiras arquitectónicas ampliando o aseo e as portas e poñendo as varandas se suxeición. O investimento desta actuación é de 19.000 euros.
A reforma da instalación eléctrica do CEIP Arealonga tamén é unha actuación demandada pola dirección do centro debido aos problemas de servizo e mesmo de risco que estaba a dar a antiga canalización. Os traballos inclúen o cambio dos cadros eléctricos, protectores de sobre carga e derivacións individuais entre outros aspectos. O proxecto está presupostado en 54.500 euros.
A estas dúas obras de melloras nos colexios do municipio, hai que engadir a segunda fase da mellora do drenaxe de pluviais no recinto dos colexios A Lomba-Arealonga, así como a construción da beirarrúa n aliña da parada de autobuses. O Concello financia esta obra con fondos propios e está adxudicada dende hai semanas a Espina e Delfín e tamén se executará durante as vacacións de verán por motivos de seguridade.











