publicidade hoxe

Laxe convértese no escenario do teatro galego o último fin de semana de maio con Teatrapa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+
Presentación Teatrapa

Presentación Teatrapa

O Salón de Plenos do Concello de Laxe acolleu a presentación do VIII edición do festival de teatro “Teatrapa” que se realizará en Laxe, como vén sendo habitual na última semana de maio; en concreto o sábado 30 e domingo 31 de maio. Neste acto de presentación estiveron presentes Victor Manuel García Pose, profesor da Escola Municipal de Música, José Manuel Mouzo Castiñeira, actual Concelleiro de Cultura e candidato á Alcaldía de Laxe, Antonio Carracedo Sacedón, alcalde do Concello de Laxe, e Afonso García, profesor da Escola Municipal de Teatro de Laxe dende o ano 2007.

Se algo fai diferente este festival na contorna e que, ademais do alumnado da Escola Municipal de Teatro de Laxe, durante as actuacións do sábado, participarán tamén o alumnado doutras escolas e aulas de Teatro da Galiza (Touro, Palas de Rei, Vedra, Melide e A Estrada), xuntándose neste día en Laxe ao redor dos 200 actores e actrices de diferentes idades diferentes que abranguen dende os 3 anos ata persoas xa xubiladas. Por primeira vez este ano xuntarase alumnado de 6 escolas e aulas de teatro dos Concellos de Touro, Vedra, Palas de Rei, A Estrada e Melide, xunto coa de Laxe.

Dende fai dous anos, (este ano será a 3ª edición) ademais das actuacións en interior celebradas no Salón de Actos Municipal de Laxe, iniciouse a realización dun ROTEIRO co que, ademais de dar a coñecer o concello a todas as escolas teatrais que interveñen no festival e a todas aquelas persoas que se acheguen como público, reproduce esceas teatrais e musicais de carácter histórico e cultural laxense, nas que ano a ano vaise implicando máis xente, non só ligada á Escola de Teatro Municipal, senón que tamén participan persoas que tocan algún instrumento, cantan, ou veciños e veciñas que se convirten en actores e actrices por un día.

Dende o Concello de Laxe convidamos a todos os veciños/as e ao público en xeral a desfrutar desta 8ª edición do festival de teatro, onde ademais do propio teatro, poderán gozar da música e do fermoso entorno natural que temos.

19 de maio de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.