Iván Rumbo asina un ano máis co Santiago Futsal

Presentación de Iván Rumbo
Iván Rumbo, que chegou a tempada pasada ao Santiago Futsal, ampliou o seu contrato co club de Santiago. A súa vinculación co club continuará a próxima tempada, despois de asinar unha excelente campaña e adaptarse á perfección aos métodos de traballo do Santiago Futsal, demostrando gran esforzo e constancia nos seus minutos na pista.
O xogador coruñés de 27 anos, declarou “Quedarme no Santiago Futsal era a miña prioridade. Foi un bo ano para min, tanto a nivel profesional como persoal, e quería darlle continuidade á miña etapa no club”.











