Instalación de novas marquesiñas en varias localidades de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Concellaría de Educacióndespois de realizar unha serie de reuniónscos técnicos da xerencia de urbanismo, así como da Policía Local, estudaron as proposta de instalación dunhas marquesiñas en distintas localidades do municipio de Gondomar.

Despois da valoración polas distintas partes, coa colaboración do Departamento de Educación, nasreunións que se mantiveron, decidiuse instalar 2 marquesiñas en Vincios por petición doA.M.P.A, duas en Peitieiros por petición de Ana Isabel Francisco, concelleira do P.S.O.E e outra na parroquia de Vilaza, unha demanda dos veciños, que esperaban á intemperie, evitando así que sufran as inclemencias do tempo, en inverno e en verán.

Dende o concellocolabórase, para darlle a mellor solución a estas demandas, prestando todo o interese por emendar este problema tan necesario, para os usuarios do medio de transporte público.

12 de maio de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.