Inícianse as obras de climatización da Escola Infantil Galiña Azul do polígono do Tambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Esta semana inícianse as obras para a climatización da Escola Infantil Galiña Azul do polígono do Tambre. Estas actuacións consisten na colocación de novas unidades interiores de tipo fan coils, así como dunha bomba de calor e unha climatizadora.

Na actualidade, a escola dispón dunha instalación de climatización mediante dúas unidades de bomba de calor de aire-auga situadas no exterior do edificio e dunha instalación de fan coils de auga nas distintas aulas, no patio e nas zonas administrativas.

Dende a apertura do centro infantil detectáronse problemas no patio central, tanto nos meses de verán coma de inverno, á hora de alcanzar as temperaturas de confort desexables, ademais da inexistencia dunha ventilación coa filtración axeitada, polo que con estas actuacións corrixirase esta deficiencia no patrio central, onde se presentan os maiores problemas.

Coa finalidade de mellorar as condiciones internas e promover un maior aforro de enerxía en climatización, procederase á plantación de árbores de folla caduca, concretamente doce plátanos hispánica, no exterior do edificio, o que permitirá reducir a radiación solar no verán e mantela en inverno.

Con este proxecto o Concello de Santiago pretende dar resposta a unha importante demanda tanto dos pais e nais dos alumnos coma do profesorado.

7 de maio de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.