Iker López renova por unha tempada máis co Santiago Futsal

Renovación de Iker López
O meta madrileño Iker López, renova o seu contrato co Santiago Futsal, unha vinculación que comezou a tempada pasada e que se ampliará un ano máis. Desta maneira, Iker continuará no club branco tras encaixar á perfección na filosofía de traballo do club desde a súa chegada e converterse nun dos referentes do equipo pola súa calidade e seguridade baixo paus.
Tras a súa renovación, Iker mostrouse “moi contento co acordo” e expresou o interese que, tanto club como el, tiñan por continuar “quedarme no Santiago Futsal era a miña prioridade. As dúas partes queriamos que eu me quedase e o club fixo un esforzo para chegar a un acordo.”
Así mesmo, o meta tamén fixo referencia á próxima tempada “Será unha tempada moi ilusionante. Temos que seguir traballando como ata agora ou mesmo máis para dar un pasiño e propornos novos retos.”











