Gustavo Onaindia abandona o Real Club Celta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Real Club Celta e o integrante do corpo técnico do primeiro equipo Gustavo Onaindia, alcanzaron hoxe un acordo para a rescisión do contrato do técnico, quen xa se desvinculou do club. O Celta quere expresarlle o seu agradecemento a Gustavo Onaindia polo seu esforzo, profesionalidade e dedicación durante a pasada tempada, que acabou co equipo clasificado na oitava posición da liga. Deséxalle ademais moito éxito na nova etapa que emprenda na súa carreira profesional.

27 de maio de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.