Gran éxito de participación na Festa das Letras da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación da Coruña organizou, un ano máis, a súa Festa das Letras para conmemorar o Día das Letras Galegas, o 17 de maio. As actividades, dirixidas ao público infantil e xuvenil, celebráronse nos xardíns de Méndez Núñez e incluíron xogos populares e música. 

O programa comezou da man dun paxaro pequeno e imaxinativo chamado Paporrubio, co que os pequenos puideron pasear por unha horta chega de xogos ao tempo que descubrían pequenas historias contadas polos animais. Despois chegou a actuación de Mamá Cabra. O grupo infantil cumpre 15 anos e presentou o seu novo espectáculo no que fai un percorrido pola súa historia e as súas mellores cancións. 

Ademais, a finais deste mes está previsto tamén dar a coñecer o gañador do premio Rosalía de Castro deste ano que conmemora o traballo dunha persoa ou un colectivo en favor da lingua e cultura galegas. O seleccionado levará 4.500 euros, dotación económica incorporada ao galardón hai tres anos pola Deputación provincial.

18 de maio de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.