Gabriel Marcelli gaña na 5ª proba do Circuíto de España de Trial Junior en Asturias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Gabriel Marcelli

Gabriel Marcelli

O pasado domingo, 10 de maio, celebrouse en Asturias a quinta proba do Cto. de España de Trial, na que o galego Gabriel Marcelli foi o vencedor da categoría Junior. Situándose como claro favorito a lograr o título de Campión de España despois de sumar tres vitorias nas tres probas nas que participou. A próxima competición deste Campionato terá lugar en Galicia, concretamente na localidade de Teo o día 21 de xuño. O día anterior competiron os pilotos da categoría Cadete, na que outro galego, Martín Riobó, finalizo na 4ª posición empatado a puntos co terceiro clasificado desa categoría.

11 de maio de 2015 | 14:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.