publicidade hoxe

Frades reparte entre os alumnos do CPI Ponte Carreira un díptico sobre o Día das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, repartiu esta mañá un díptico informativo sobre o Día das Letras Galegas entre todos os alumnos e alumnas do CPI Ponte Carreira. Un folleto elaborado polo Concello de Frades no que informa ao alumnado sobre a importancia do Día das Letras Galegas, lles ofrece unha visión xenérica da literatura galega e os informa sobre a figura de Xosé Filgueira Valverde, a quen está dedicada a celebración deste ano.

 

15 de maio de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.