Financiación da urbanización da rúa Calvario a través dos fondos do PPOS 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaPontevedra
A-
A+

A Deputación aprobou, na súa Xunta de Goberno deste venres, incluír nas partidas do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS) 2015 as obras de mellora que se van realizar na rúa Calvario, na Guarda. En concreto, investiranse 216.465 euros en traballos de urbanización e mellora dos servizos existentes nesta rúa da zona antiga do municipio.

Esta actuación preséntase como a continuación dos traballos xa realizados nunha parte da rúa, o tramo que conecta esta vía co Concello, que xa está urbanizado.

As obras comprenden a urbanización do treito que discorre entre a rúa M.R. Sinde e o punto de encontro da 9ª travesía Solanas coa rúa Largo.

A rúa Calvario une o centro histórico da Guarda coa capela da Nosa Señora da Guía. Na actualidade dispón de rede de abastecemento, saneamento unitario e alumeado público, así como rede eléctrica e servizos de telefonía aéreos.

29 de maio de 2015 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.