Final de infarto na regata Almirante Rodriguez Toubes

Saída da regata
Non puido resultar máis emocionante e inesperado o final da XIX Edición da Regata Almirante Rodríguez Toubes que organizaron durante este pasado fin de semana a Comisión Naval de Regatas da Escola Naval Militar en Marín e o Real Club de Regatas Galicia, de Vilagarcía, co patrocinio principal de Extrugasa e a colaboración da Autoridade Portuaria do Porto de Vilagarcía e de Mariña Vilagarcía. E é que tras a saída da segunda e definitiva etapa en Vilagarcía, con ventos do Nordeste de 14 a 18 nós, a flota saíu puntualmente a partir das 11:30 de forma fulgurante e en dúas horas xa estaban a piques de comezar a entrar na Ría de Pontevedra, co SIRIUS V destacado e o CORSARIO VI mantendo o seu posto privilexiado da primeira xornada. Pero o vento baixou de súpeto e a flota reagrupouse a só 8 millas do final. O SIRIUS V saíu aos poucos do pozo, aproveitando tamén a conxuntura o ZIRALLA e o ORAL GROUP pola costa norte da Ría, mentres o OZOAQUA polo centro tamén avanzaba postos. Moi táctica a última fase co vento térmico do Suroeste de 6 nós de intensidade e finalmente o gato á auga levábao en tempo compensado o ZIRALLA que gañaba de forma absoluta a etapa, e o gran beneficiado era o OZOAQUA que curiosamente quedaba de segundo na xeral da súa clase, pero adxudicábase a absoluta ao meterse un barco doutra clase por diante do CORSARIO VI.
As clasificacións xerais tras a suma de ambas as etapas foi a seguinte:
CLASE ORC 1 (igualadísima entre todos),
1º) CORSARIO VI (First 45f5- Javier Durán- CM Vilagarcía), 6 puntos
2º) OZOAQUA (IMX 38- Juan Carlos Pérez-CN Combarro), 6 puntos
3º) ORAL GROUP (Salona 37 – RCN Portosín), 6 puntos
4º) ZIRALLA PRIMEIRO (Astraea 330-Ramón Barreiro_RCN Sanxenxo), 8 puntos
5º) MEIGAS FORA (First 40.7 – José Codesido-RCN Portosín), 8 puntos
CLASE ORC 2
1º) LA BURLA NEGRA (Dufour 34 – Juan José Martínez- RCN Vigo) 2 puntos
2º) SEBRALA 2 (Bavaria 50 – Magin Alfredo Froiz-RCN Sanxenxo) 5 puntos
3º) ARROÁS (RO 330- José Manuel Pombar-EV Mar de Arousa) 10 puntos
4º) AERIS (First Class 8 – Mariano Deus – Ro Yachts Club) 10 puntos
5º) QUEN VAI (Ro 330 – Laureano Santiago _ RCN Sanxenxo) 10 puntos
CLASE 0RC 3
1º) ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – CN Beluso) 2 puntos
2º) CHISPA NEJRA (RO 300 – José Rei – CN Beluso) 4 puntos
3º) SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Fortuna 9-Iñaki Carbajo-CN Beluso) 7 puntos
4º) PIKO NORTE (Bavaria 32 – José Manuel Castro-RCN Coruña) 8 puntos
5º) FIRME (Golfiño 7,25- Gonzalo Leira-Comisión Naval Regatas) 10 puntos
CLÁSICOS/VETERANOS
1º) AROUSA (Goleta Ketch-Óscar Ortega – Comisión Naval Regatas) 1 punto
2º) AGUETE (Formosa 51 – Antonio Díaz-Pache – Comisión Naval Regatas) 2 puntos
3º) OLIVER II (Brin de Folie – José Mª Tilve – RCM Aguete) 3 puntos
Finalmente a xeral absoluta, e por tanto inscribe o seu nome no historial do trofeo, foi para o OZOAQUA con 6 puntos, seguido do CORSARIO VI e ORAL GROUP ambos con 7 puntos, a burla negra con 9 e SIRIUS V con 10.
A entrega de premios final tivo lugar a propia tarde do domingo no Casino de Oficiais da Escola Naval Militar coa asistencia do Presidente da Comisión Naval de Regatas da Armada almirante Jaime Rodriguez Toubes; o Presidente da Real Federación Española de Vela, José Angel Rodríguez; Comandante-Director da Escola Naval Militar de Marín, Juan Luís Sobrino Pérez-Crespo; Concelleiro de Deportes de Marín, Antonio Traba; vicepresidente do Real Club de Regatas Galicia, Manuel Castelo; Presidente da Federación Galega, Manuel Villaverde; Delegado provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides e o fundador director xeneral de Extrugasa, Andrés Quintá, entre outras autoridades.











