Festa do deporte de Vincios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesGondomar
A-
A+

A Agrupación Deportiva Vincios, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza para o Sábado día 9, diferentes actividades deportivas, que darán comezo ás 16:30 horas co XXII Cros Escolar Sta. Mariña, onde participarán atletas en distintas categorías desde Pitufos ata Cadetes previamente inscritos, terminando coa entrega de premios aos 3 primeiros clasificados.

Ás 17:00 horas dará comezo o II Dúatlon Popular Sta. Mariña cun percorrido de 20 Km, no que poderán participar atletas federados e non federados, cunha idade mínima de 16 anos, con bicicleta de montaña e casco como condición indispensable. Esta proba estará repartida en 2 Km de carreira a pé e 18 Km en bicicleta. Optarán a trofeo os tres primeiros clasificados por sexo e o primeiro clasificado Masculino ou Feminino maior de 35 anos. O prazo de inscrición termina hoxe día 8 de Maio, ás 22:00 horas, cunha cota de participación de 5€, previo pago na Caixa, mediante transferencia ou ingreso en caixeiro, enviarase inscrición e xustificante de pago ao mail: vinciostm@gmail.com.

A última proba deportiva dará comezo ás 18:30 horas coa II Carreira Popular Sta. Mariña, cun percorrido de 6 Km e a Mini Carreira Sta. Mariña, cun percorrido de 3 Km, na que os atletas participarán coa categoría Cadete do XXII Cros Escolar Sta. Mariña. As probas serán mixtas e as saídas separadas. Os premios entregaránselle aos 3 primeiros absolutos, Femininos e Masculinos e ao 1º clasificado da categoría Veterana (maior de 35 anos) Masculino e Feminino. O prazo de inscrición termina hoxe 8 de Maio ás 22:00 horas e a conta de ingreso é a mesma que a que aparece na inscrición do II Dúatlon Popular Sta. Mariña.

Durante todo o sábado a Agrupación Deportiva Vincios, realizará vétaa de rifas, para colaborar con Desirée Vila Bargiela.

8 de maio de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.