Ferrol realizou varias actuacións de mantemento de viarios e beirarrúas en cinco zonas do municipio
A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre as actuacións de mantemento de viarios e beirarrúas acometidas durante as últimas dúas semanas -do 27 de abril ao 8 de maio- nos barrios de Caranza, Ultramar, Recimil, Esteiro e A Magdalena. Estas tarefas levadas a cabo polos operarios de Misturas S.A –empresa adxudicataria do servizo- se centraron na reparación de beirarrúas, de adoquinado e traballos de formigón, así como tarefas de acondicionamento como aparcadoiro da parte traseira do Mercado de Caranza. Todas estas intervencións responden a demandas recollidas polos técnicos municipais, a Oficina Municipal de Atención Cidadá e/ou transmitidas polos representantes veciñais nas reunións semanais que manteñen co alcalde Jose Manuel Rey Varela dentro do programa Plan de Barrios .
Así, as tarefas de arranxo de adoquinado se acometeron na rúa María, situada no barrio de A Magdalena. Na parte traseira da praza de abastos de Caranza executáronse traballos de acondicionamento desta parcela como zona de estacionamento. En Ultramar, os operarios de Misturas centraron as tarefas nas rúas Vila Soledad e Sánchez Calviño.
A esta actuación hai que engadir as de reparación de beirarrúas que nas últimas dúas semanas se realizaron en Caranza, Ultramar, Recimil e Esteiro. A relación de rúas e zonas nas que se realizaron actuacións en beirarrúas é a que segue:
– Caranza: rúa Armada Española.
– Ultramar: Rúa Enxeñeiro Andrés Comerma
– Recimil: estrada de Castela
– Esteiro: rúas San Amaro e Españoleto.
Estrada A Pega
Noutra orde de cousas, o vindeiro luns día 18, comezarán os traballos de renovación integral da estrada A Pega polo que se procederá ao corte deste viario en ambos sentidos. Esta restricción temporal se manterá durante as xornadas do luns 18 e do martes 19.











