Ferrol continúa desenvolvendo o plan de renovación de viarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Xunta de Goberno Local abordou esta mañá novas actuacións de mellora de estradas e de pistas na zona rural do municipio ferrolán. Estas intervencións se acometerán con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña para a presente anualidade (POS- 2015). En concreto, o Executivo local de Jose Manuel Rey Varela deu conta da adxudicación das actuacións de “Pavimentación pista en Leixa, accesos Aldea A Pega e pavimentación de pista en Mandiá” á empresa Murat Construcción y Mantenimiento SL.

Estas intervencións foron adxudicadas por un importe que ronda os 72.000 euros; e forman parte do plan provincial de actuacións de mellora de estradas e de pistas na zona rural ferrolán. Así, a estes traballos hai que sumarlle o pavimentado dunha pista en Papoi que vai dende a sede da entidade veciál de Marmancón cara abaixo, así da estrada de Santa Icía, que comeza na xornada de mañá martes.

11 de maio de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.