Ferrol celebrará o venres o día de Santa Rita cunha homenaxe ao persoal xubilado
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidirá pasadomañá venres os actos conmemorativos da festividade de Santa Rita, patroa dos funcionarios e do persoal ao servizo do Concello. Así, esta xornada servirá para agradecer aos traballadores que se xubilaron neste último ano os seus servizos e tamén para estreitar relacións entre compañeiros da Administración municipal.
No que atinxe ao programa de actos, dará comezo ás 10:00 horas cunha misa na Igrexa do Carmen, para continuar ás 12:00 horas cunha recepción por parte do alcalde Jose Manuel Rey Varela aos xubilados e xubiladas no Pazo Municipal. Posteriormente, ás 12:30 horas terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial o recoñecemento aos nove traballadores que se xubilaron recentemente: Antonio Seijas Lobeiras, José Carlos Barro Rodríguez, José Manuel Pérez Díaz, Guillermo Díaz del Río Fortuny, Antonio Vivero López, Guillermo Lorenzo de Pazos, Ana María Ansedes López, Carmen Vidal Bolaño e Manuel Leira Lugris.
De seguido, previsiblemente ás 13:15 horas, o persoal do Concello e os representantes políticos dos grupos municipais xuntaranse no Salón de Recepcións para brindar cunha copa de viño. Ademais, a Asociación de Persoal do Concello de Ferrol, xunto coa de traballadores, organizan con motivo de Santa Rita a tradicional comida de confraternidade.
Horario de atención ao público
Por outra parte, e con motivo da festividade de Santa Rita, infórmase que o vindeiro venres, día 22 de maio, o horario de atención ao público nas oficinas municipais será de 9:00 a 12:00 horas, agás o Rexistro Municipal que estará aberto até as 14:00 horas.











