publicidade hoxe

Fene acollerá o acto central da Semana Mundial da Seguridade Viaria na provincia da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Fene acollerá este venres, 8 de maio, o acto central na provincia da Coruña do programa deseñado para conmemorar a III Semana Mundial de Seguridade Viaria, centrada este ano nos menores. Así, o Parque Municipal de Educación Viaria, emprazado en Barallobre, será escenario, a partires das 11 horas, dunha serie de actividades nas que os escolares do CEIP do Ramo serán os grandes protagonistas.

Estarán acompañados polo alcalde, Gumersindo Galego; o director do centro educativo, Benigno Sánchez Vales; o capitán do subsector da Garda Civil da Coruña, Jesús del Río, e a xefa provincial de Tráfico, María Victoria Gómez Dobarro.

Así, tras a presentación da Semana Mundial de Seguridade Vial, os escolares do Ramo procederán á lectura da Declaración dos nenos para a seguridade viaria elaborada por Nacións Unidas no marco da iniciativa #SaveKidsLives (Salva a vida dos nenos). Unha iniciativa que busca facer as rúas e as estradas máis seguras para nenos e nenas, xa que cada día máis de 500 menores en todo o mundo perden a súa vida en colisións de tránsito e moitos miles máis resultan feridos. O Concello xa asinou o manifesto e, este venres, serán os estudantes do Ramo os que o fagan. De seguido, procederán ao visionado do vídeo editado por Nacións Unidas e, a continuación, leerán as frases que previamente elaboraron no centro de ensino sobre a educación viaria e aquelas medidas que se deberían impulsar para mellorar nesta materia. Frases que formarán parte dos correspondentes carteis. E, con eles, cada rapaz faráse un selfie que pasarán a colgarse na páxina oficial da UNESCO.

As actividades continuarán cunha particular ronda de preguntas ás autoridades presentes por parte dos nenos e nenas e, para rematar o acto, realizarase un circuito no Parque e levarase a cabo unha solta de globos.

6 de maio de 2015 | 15:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.