Exhibición dos alumnos das Escolas Deportivas Municipais no pavillón da Xunqueira
O pavillón polideportivo municipal da Xunqueira, en San Valentín, acollerá este sábado, 30 de maio, unha multitudinaria exhibición dos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais. Un acto co que o Concello clausura as actividades deste curso. Dará comezo ás 11 horas con entrada libre. Haberá exhibicións de judo, karate, baloncesto, baile moderno, patinaxe, fútbol sala feminino, ximnasia artística e ximnasia rítmica.