publicidade hoxe

Ethel Vázquez salienta como referente de restauración ambiental o lago da mina de Meirama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCercedaLocal Portada
A-
A+
Ethel Vázquez na visita ao lago de Meirama

Ethel Vázquez na visita ao lago de Meirama

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, salientou esta mañá que o lago artificial da mina de Meirama é un referente de restauración ambiental e un claro exemplo de éxito, porque se logrou unha perfecta integración visual e paisaxística do terreo restaurado e representa un novo activo para a dinamización turística do concello e unha ferramenta útil para o seu desenvolvemento económico e futuro.

A restauración do oco derivado do aproveitamento da mina permitiu crear unha enorme lagoa artificial que hoxe é un ecosistema poboado e colonizado, cunha diversidade biolóxica que está recollido no libro Biodiversidade do lago da mina de Meirama e a súa contorna, que esta mañá foi presentado coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sobre o que engadiu que tamén permitirá establecer criterios máis eficaces de xestión para a protección dos valores naturais, paisaxísticos e faunísticos de maior interese deste espazo.

Engadiu que no traballo se recollen a identificación de máis de 800 especies, entre as que destacan as máis de 300 clases de insectos, 85 variedades de aves ou 28 categorías de mamíferos.

A conselleira de Medio Ambiente tamén destacou outra das potencialidades que ofrece este lago, como a mellora dos servizos que se lle prestan aos habitantes da área metropolitana da Coruña. Sinalou que grazas á infraestrutura hidráulica, que se está a executar, blindase o abastecemento e o servizo a unha das maiores concentracións urbanas de Galicia, xa que se duplica a capacidade do encoro de Cecebre.

22 de maio de 2015 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.