publicidade hoxe

Ethel Vázquez destaca a importancia das políticas medioambientais durante a inauguración das Xornadas sobre o Congreso Mundial de Parques

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+
Ethel Vázquez na inauguración das xornadas. Foto: Moncho Fuentes

Ethel Vázquez na inauguración das xornadas. Foto: Moncho Fuentes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, salienta a importancia de aplicar políticas medioambientais que convertan os espazos protexidos nun conxunto de oportunidades, un medio de vida cun gran valor engadido ao incorporar elementos como a saúde e o benestar para as comunidades. Así o explicou hoxe a conselleira na inauguración das Xornadas sobre o Congreso Mundial de Parques: ‘A promesa de Sidney e os retos para as áreas protexidas de España’.

Ethel Vázquez indicou que a preservación e o coidado do medio é unha tarefa de todos e como Goberno débese garantir e legalo ás futuras xeracións, pero tamén achegalo á poboación, fundamentalmente aos máis novos, que son o futuro.

Vázquez precisou que nesta tarefa débense comprometer pais, educadores, asociacións e por suposto, as administracións públicas. Recalcou que hai que poñer todo o empeño en lograr este obxectivo, xa que a concienciación, participación e complicidade dos xóvenes é fundamental.

A conselleira agradeceu o feito de que a comunidade galega fora elixida para a celebración destas xornadas que achegan os compromisos adquiridos no Congreso Mundial da Unión Internacional para a Conservación da Natureza que tivo lugar o pasado mes de novembro en Sidney.

Cómpre lembrar que no citado congreso determináronse as políticas e estratexias que deberían marcar a axenda de conservación e o desenvolvemento das áreas protexidas durante a próxima década.

A conselleira indicou que dende o Goberno autonómico aplauden e valoran a oportunidade que brindan estas xornadas, por canto Galicia se converte no primeiro lugar de toda España que alberga un encontro destas características.

Estas xornadas que dan comezo hoxe están enmarcadas nunha semana na que se celebra o Día Europeo da Rede Natura 2000, o xoves 21; o Día Internacional da Biodiversidade Biolóxica, o venres 22; e o Día Europeo dos Parques, o domingo 24.

Neste simposio que vén de comezar os técnicos e decisores de medio ambiente poderanse abordar as conclusións e os aspectos máis destacados que se trataron en Sidney e facer unha aproximación sobre a súa aplicación ás áreas protexidas do territorio.

Vázquez lembrou que as conclusións deste congreso constitúen unha verdadeira folla de ruta para a conservación dos espazos protexidos do planeta nos próximos dez anos. Este documento define o camiño para lograr o cumprimento dun obxectivo global: protexer ao menos o 17% das terras emerxidas e o 10% dos océanos para 2020.

A conselleira destacou que desde o Goberno galego tamén se ven con sumo interese as importantes figuras de protección que se presentaron como a Lista Verde de Áreas Protexidas, un estímulo de cara a fomentar que estas zonas cumpran os máximos estándares de calidade, alcancen unha xestión efectiva e se convertan en exemplos a seguir.

Neste sentido, precisou que a Xunta confía en que, tras un intenso traballo, tamén desde Galicia se poida incorporar algún espazo natural a esta Lista Verde de Áreas Protexidas. Engadiu que xunto con isto, tamén se segue con atención a posta en marcha de novos produtos de coñecemento como a Lista Roja de Ecosistemas que, baseándose nun conxunto de criterios aceptados internacionalmente, será un medidor eficaz para identificar cando un ecosistema é vulnerable, está en perigo ou ameazado.

18 de maio de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.