Estrea Estilo celebra a festa do pequeno comercio con actividades de balde durante todo o día

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O domingo 10 de maio ás 11:30h. abriranse as portas do Pazo de San Lourenzo para acoller a iniciativa Estrea Estilo que, na súa terceira edición, presentará as novas coleccións de temporada dos comercios de distintas zonas de Santiago de Compostela nunha xornada lúdica cun completo programa de actividades.

Promovida pola Concellaría de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, a acción desenvolverase nos diferentes salóns e xardíns do Pazo ata as 20:30h, abrindo á cidadanía un dos espazos con máis historia e encanto da cidade para celebrar a gran festa do pequeno comercio.

A entrada será de balde para os visitantes, e permitirá coñecer as novidades dos 47 comercios participantes pertencentes ás categorías de moda téxtil, lencería, calzado e complementos, perfumes, labores, artículos de porteo, decoración, flores e plantas, globos, e produtos gourmet e de alimentación. 13 Reinas, A Balea Violeta, A Cesta da Saúde, A Reixa Tenda, Allegra, Asthor Decoración, B Besito, Celme, Como pez en el agua, Core Surfing, Dandara, El armario de Azara, El Vestidor de Alicia, Ela Diz, ElTallerdeFer, Equisol, Floristería Embora, Hilar Fino, La Banqueta, La Gustosa, La reina de Saba, La Tienda de Julia, Leiría, Lencería Conchi, Locapormí, Lunares en Mayo, Matrioska, Mequiña, Mokasu Abalorios, My Food Shop, Na Lúa, Nobel vinte, Núa, Os Contos de Trapo, Patucos & Co, Pecados de Compostela, Queroté, Salón de Té Dulce Victoria, Simplemente Luna, Sr. Nilsson, Sueños caseros, Tenda Globus 3d, Xearte Brigitte, The Perfect Shoe Santiago, Trigonella, Vestitu e Vide Vide!, serán os comercios que integrarán a iniciativa na súa 3ª edición, presentando e vendendo as súas novas coleccións para esta tempada primavera-verán.

Durante o día, a gañadora do cheque-agasallo de 200€, froito da acción promovida durante o mes de abril pola Concellaría de Comercio entre os clientes que realizaron compras nos establecementos integrantes da iniciativa, poderá escoller as prendas e produtos que desexe de entre os ofrecidos polas tendas presentes na xornada. Mª del Mar Suárez Sánchez foi a persoa gañadora do sorteo realizado o mércores día 6 de maio ante notario, no que resultou premiada a rifa pertencente a súa compra, realizada o pasado mes en Patucos & Co, comercio infantil ubicado no barrio de Conxo.

A xornada Estrea Estilo estará dinamizada polo concerto da banda freakbeat Fogbound (13:30h) e tamén polo grupo de rock&roll/ rockabilly Rockin’Gina (19:30h), ademais de por sesións de karaoke para os visitantes, gardería-ludoteca e inchable para os cativos, obradoiros de coroas florais e sesión de beleza para aqueles que efectuen compras durante a xornada, DJ, degustacións de balde e sorteos de produtos patrocinados polos comercios participantes etc.

8 de maio de 2015 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.