Este sábado descubrirase unha placa en Paramos conmemorativa da recuperación do Cruceiro da Torta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Mañá sábado, 9 de maio, ás 18h terá lugar o descubrimento dunha placa en Paramos co gallo da recuperación do Cruceiro da Torta desaparecido nesta parroquia hai un ano. A familia Varela encargou ao escultor Juan Manuel Rodríguez unha réplica do cruceiro desaparecido baseándose en fotografías do mesmo. Esta peza escultórica volverá colocarse no emprazamento que ocupaba no cruzamento entre a rúa que leva a igrexa coa estrada de Salceda. Asistirán ao descubrimento da placa o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, membros da familia Varela, e actuará o grupo de gaitas San Xoán de Paramos.

 

8 de maio de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.