Están á venda as entradas para o concerto de Mocedades no auditorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O célebre grupo vasco Mocedades visita o sábado Vilagarcía no marco da xira mundial que están desenvolvendo para conmemorar o 45 aniversario da súa formación. O público poderá gozar do directo dun dos grupos máis emblemáticos da historia musical de España e dos temas innumerables temas que foron grandes éxitos da súa discografía como Eres Tu, Tómame o déjame, Amor de Hombre ou o Pange Lingua co que saltaron á fama no ano 1969. As entradas para o concerto que comezará as 21:00 horas xa se poden adquirir a través de servinova (con custes de xestión). Os prezos son de 20 euros para as zonas A e B e 18 para a C.

Izaskun Uranga lidera na actualidade Mocedades, un grupo que tivo o seu núcleo original nas irmáns Uranga Amaia, Ikaskun e Estíbaliz ás que se foron sumando co paso do tempo amigos os seus irmáns.

Caracterizado pola calidade e armonía das súas voces corais e da forza das súas solistas, Mocedades chegou a representar a Eurovisión en 1973 co tema ¡”Eres tu” co que quedaron en segundo lugar. No concerto do sábado interpretarán estes e outros grandes éxitos como Desde que tú te has ido, Secretaria,Sólo era un niño, ¿Quién te cantará ou El vendedor.

É a primeira vez que Mocedades actúa en Vilagarcía e faino coincidindo coas festas de Santa Rita, unha cita que atrae á cidade a moitas persoas dos municpios da contorna que disporán tamén da alternativa de Mocedades para a velada so sábado.

18 de maio de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.