Espina e Delfín acometerá a canalización de pluviais e construción de beirarrúa no recinto escolar da Lomba en verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou onte a adxudicación a Espina y Delfín da obra de canalización de augas pluviais e construción de beirarrúa no recinto dos colexios A Lomba e Arealonga. Dado as escasas semanas que quedan para o remate do curso, e por motivos de seguridade, os traballos realizaranse tan pronto cometen as vacacións de verán.

A obra adxudicouse por importe de 20.022 euros e ten como obxectivo completar a actuación que xa se realizou a principios do presente curso co obxecto de solucionar os problemas de acumulación de auga que sufría o recinto escolar cando chove con intensidade. Os traballos realizados melloraron a situación, pero non a resolveron por completo, polo que agora se realiza esta segunda fase que, ademais de actuar no interior do patio, tamén prevé a construción da beirarrúa na que se atopa a parada do transporte escolar.

Esta é unha das tres primeiras obras que se efectuarán con cargo ao Plan de Investimentos anexo aos Orzamentos Municipais deste ano e que se financiarán mediante unha operación de crédito. A suma total das tres actuacións ascende a 91.116 euros.

A Segunda das actuacións adxudicadas na reunión da Xunta Local de Goberno de onte foi a mellora do firme da Rúa Benigno Santos e a dotación do servizo de saneamento ás vivendas da súa travesía. Trátase dunha obra demandada polos veciños desta zona de Vilaxoán á que se da cumprimento, tal como se anunciara no seu día. Os traballos tamén serán acometidos por espina y Delfín, por presentar a oferta máis favorable para o Concello, valorada en 40.924 euros.

A terceira actuación adxudicada onte, neste caso á empresa Moncosa OHS S.A., foi a do acondicionamento do contorno do pavillón de Guillán.

5 de maio de 2015 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.