“Escoitando a Filgueira Valverde” no IES Torrente Ballester
Mañá, ás 13.10 horas, 75 alumnos/as de 3º curso de ESO do IES Torrente Ballester participarán nunha charla teatralizada sobre a figura do polígrafo Xosé Filgueira Valverde, Pontevedrés homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Esta actividade, que conta coa colaboración da Editorial Galaxia, insírese no programa “Maio, Mes da Lingua” que cada ano organiza a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.











