EPTISA presenta un informe sobre o estado dos traballos do PXOM de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

A empresa EPTISA, que asumiu o pasado mes de marzo a redacción da PXOM, presenta un informe ao Concello de Nigrán sobre o estado dos traballos do documento urbanístico. No informe, a empresa redactora avanza que está a dixitalizar os planos e a cartografía do documento, cuxa finalización se establece para finais deste mes. Tamén indica que, entre os meses de xuño e xullo, quedarán remitidos á Xunta de Galicia todos os informes sectoriais xa corrixidos.

Nese momento incluiranse no documento as modificacións oportunas derivadas da resolución e contestación das alegacións realizadas ao documento tras a aprobación inicial, un período que EPTISA estima de tres meses.

Con estes dous pasos previos realizados, e a elaboración da memoria ambiental, EPTISA estima que no primeiro semestre de 2016, dependendo do que tarden en chegar os informes definitivos da Xunta de Galicia, podería haber un documento para a súa aprobación provisional. 

22 de maio de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.