publicidade hoxe

Entréganse os premios dos relatos curtos e contos na Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

O Concello da Baña, representado polo seu alcalde Andrés García Cardeso, entregou hoxe o XII Premios de Relatos Curtos e Contos no CPI San Vicente. Resultaron premiadas tres rapazas do Concello. Participaron un total de 10. A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello da Baña e do Colexio CPI San Vicenzo, convocaron o XII Premio de Relatos Curtos e Contos para escolares para “fomentar a escritura e lectura en galego entre nenos e nenas, mozos e mozas”. Xesús Busto, director xeral da Fundación Amigos de Galicia, a directora do CPI e o seu profesorado participaron hoxe na entrega de premios. O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, destacou o legado de Daniel García Ramos, á memoria de quen estaba adicado este ano o premio literario. Todos os participantes recibiron un pequeno agasallo por parte do Concello. Dende a Fundación Amigos de Galicia animaron ao alumnado para que o ano que vén participe coa temática da SOLIDARIEDADE.

21 de maio de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.