Entréganse as placas e discos aos gañadores da VII edición do certame MúsicaXove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Este venres 29 de maio, ás 18:30 horas, realizarase no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a entrega de placas e dos discos gravados da VII edición do certameMúsicaXove, organizado pola Concellería de Xuventude e que contou coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Nesta edición participaron máis de 40 grupos musicais de toda Galicia.

Dos catro grupos que pasaron á final saíu o gañador desta edición, The Trunks, de Sada. En segundo lugar quedou Samarúas, da Coruña, mentres que o premio especial do xurado recaeu na cantante do grupo Mother Seed, de Ponteareas. O cuarto finalista de MúsicaXove’14 foi The L´Adelines Garden. de Santiago.

O acto, no que participará a concelleira de Xuventude en funcións, Teresa Cancelo, servirá tamén para clausurar a exposición con fotos do concerto final realizadas polo fotógrafo Andrés Fraga.

28 de maio de 2015 | 16:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.