publicidade hoxe

Endesa abre unha investigación sobre o accidente mortal na central das Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Pontes
A-
A+
Europa Press

A compañía eléctrica Endesa abriu unha investigación para tratar de esclarecer o accidente laboral mortal que na madrugada deste martes na central térmica das Pontes (A Coruña) se saldou cun operario falecido e dous traballadores feridos evacuados a un centro hospitalario.

Segundo indicaron fontes da empresa, tras este suceso abriuse unha investigación, tanto por parte da empresa, coma da autoridade laboral, para coñecer o motivo polo que unha peza dunha turbina saíu despedida, impactado sobre os tres operarios, todos eles traballadores de Endesa.

O falecido, M.A.M.O, de 52 anos, é veciño da localidade de Ás Pontes, estaba casado e é pai de dous fillos. Os dous feridos neste accidente laboral, J.L.M., de 58 anos, e J.M.P.A, de 42, foron trasladados ao servizo de Urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde se recuperan de varios traumatismos nas extremidades superiores.

INAUGURACIÓN SUSPENDIDA

Por outra banda, a empresa suspendeu na mañá de esta martes a inauguración oficial da xornada que leva por título ‘Endesa e o Eume, Revisión histórica do seguimento ambiental da cunca do río Eume’.

Na devandita inauguración tenia previsto participar a conselleira de Medio, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o director xeral territorial de Endesa Noroeste, Miguel Temboury.

No seu lugar, gardouse un minuto de silencio, que foi secundado polos presentes, incluída a representante do Goberno galego, en recordo do traballador falecido, continuando co resto da programación prevista, que se desenvolve na Central de Ciclo combinado situada nas proximidades da térmica, tamén propiedade de Endesa.

26 de maio de 2015 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.