Educación destina 450.000 euros á ampliación do CEIP Plurilingüe Manuel Murguía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de ampliación do CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, cun orzamento de 449.985,90 euros, unhas obras cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O obxectivo desta obra é dar resposta ás necesidades crecentes de prazas escolares dalgunhas zonas da cidade da Coruña, nomeadamente das próximas a Novo Mesoiro.

A través desta obra dotarase ao centro de 4 aulas polivalentes,aula de desdobre e secretaría, que permitirán unha mellor organización da actividade lectiva. Ademais, ampliarase o comedor, instalarase un patio cuberto e mellorarase a accesibilidade coa instalación dun ascensor.

22 de maio de 2015 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.