Dous grupos do CEIP Manuel Vidal Portela farán o roteiro dos Bolechas o luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O vindeiro luns 18 de maio, fará o roteiro dos Bolechas un grupo de 47 alumnos/as de educación infantil do CEIP Manuel Vidal Portela que sairán en dúas quendas, ás 9.30 e ás 11.30 horas, desde a paraza da Peregrina.

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro dos Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade. Por medio de xogos cos Bolechas, os personaxes creados por Pepe Carreiro, a actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

15 de maio de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.