Dous grupos do CEIP da praza de Barcelos farán o roteiro Sarmiento o vindeiro luns
O Concello de Pontevedra segue a ofrecer as visitas guiadas pola Pontevedra vencellada a Sarmiento, co obxecto de recuperar e difundir a memoria histórica da nosa cidade inserida no contorno xeral da historia de Galicia. O vindeiro luns 25 de maio farán este roteiro un total de 100 alumnos/as de 5º e 6º curso de educación primaria do CEIP Praza de Barcelos. Sairán en dúas quendas, ás 10 e ás 12 horas, da praza de Méndez Núñez. Ao remate, os asistentes serán agasallados con cadanseu libro sobre o a actividade.











