Dous grupos do CEIP A Xunqueira I farán o roteiro dos Bolechas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Mañá xoves 13 de maio, fará o roteiro dos Bolechas un grupo de 49 alumnos/as de educación infantil do CEIP A Xunqueira 1 que sairán en dúas quendas, ás 10 e ás 12 horas, desde a paraza da Peregrina.

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro dos Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade. Por medio de xogos cos Bolechas, os personaxes creados por Pepe Carreiro, a actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

13 de maio de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.