Día Internacional dos Museos en Marín
Marín celebrará o Día Internacional dos Museos o próximo 18/05/2015.
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA
As actividades programadas para celebrar este día pola Concellería de Cultura do Concello de Marín e o Museo Municipal Manuel Torres, son as seguintes:
Obradoiros de arqueoloxía.
Levaranse a cabo a tarde do dia 18, en horario de 18 a 20 h., e destinados a nenos e nenas de 5 a 11 anos. Se a meteoroloxía o permite se farían no exterior do Museo, na praza situada no lateral, en caso contrario nun local alternativo. Realizaranse dous obradoiros distintos:
– “Os primeiros artistas”, de 18 – 19 h.
Nun Museo que nace en relación coa obra dun pintor do que leva o seu nome, non pode faltar unha viaxe ás orixes remotas da pintura na prehistoria.
– “Unha ola de cerámica castrexa”, de 19 – 20 h.,
en relación co castro de A Subidá e as pezas expostas deste xacemento no propio Museo, elaboraremos unha peza de cerámica coas técnicas e decoracións empregadas polos habitantes do poboado da Idade do Ferro.
Características da proposta:
– Cada obradoiro vai destinado a un número máximo de 20 nenos/as e será levados por 2
– Deberá realizarse inscrición previa no Museo Municipal Manuel Torres. En principio cada neno/a só poderá apuntarse a un obradoiro, se ben sería posible que se apuntasen aos dous no caso de haber prazas dispoñibles no mesmo día 18.
Visitas guiadas ao Museo Torres.
Destinadas a adultos e familias, terán un carácter didáctico e divulgativo. Faranse dous tipos de visitas guiadas distintas, en distintos pases entre as 18 e 21 h.:
– “Coñece ao pintor marinense Manuel Torres, o seu tempo e a súa obra”
o Serán 3 visitas de 30 minutos de duración, cos seguintes horarios:
18:00 – 18:30 h.
18:30 – 19:00 h.
19:00 – 19:30 h.
Será necesaria inscrición previa nalgún dos pases previstos, cun número máximo de 15 persoas para cada un deles.
– “A exposición temporal do castro de A Subida: obxectos que viaxaron no tempo mais de 2.000 anos”.
Serán 3 visitas de 30 minutos de duración, cos seguintes horarios:
19:30 – 20:00 h.
20:00 – 20:30 h.
20:30 – 21:00 h.
Será necesaria inscrición previa nalgún dos pases previstos, cun número máximo de 15 persoas para cada un deles.











