publicidade hoxe

Degustación de tapas saudables no Isaac Díaz Pardo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Esta tarde a partir das 21 horas o CMF Isaac Díaz Pardo levarase a cabo unha xornada de porta abertas na que participarán os alumnos e alumnas do taller Cociña e despensa de todos os días. Este taller forma parte das actividades do Programa municipal de lecer e tempo libre Ocioleiros, no que cada ano participan máis de 1.000 veciños e veciñas do municipio. Darase unha explicación dos coñecementos culinarios explicados ao longo do taller e haberá unha degustación de tapas saudables elaboradas polos propios participantes.

25 de maio de 2015 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.