Curso de reanimación cardiopulmonar para pacientes infantís na escola Bicos en Pontevedra
Profesionais do Servizo de Urxencias da área sanitaria integrada de Pontevedra e O Salnés, acompañados por coidadores da escola infantil Bicos de Pontevedra, impartiron hoxe neste centro educativo un curso teórico-práctico sobre “Reanimación cardiopulmonar” a pacientes en idade infantil.
Esta actividade asistencial formativa -dirixida aos coidadores da escola infantil e con previsión de facela extensiva no futuro aos propios pais dos nenos- enmárcase nunha estratexia para efectuar unha reanimación cardiopulmonar (RCP) de xeito correcto.
O xefe do servizo de Urxencias do CHOP e presidente en Galicia da Sociedad Española de Urgencias y Emergencias -SEMES-, Manuel Vázquez Lima, sinalou no acto de presentación do curso que “a reanimación cardiopulmonar non é só cousa de médicos, é cousa de todos. Se a poboación estivera entrenada nestas técnicas, podería reducirse a mortalidade nun 20%. A Educación para a Saúde, e en particular a ensinanza dos primeros auxilios, debe ter lugar desde temprana idade. No futuro, as escolas deberán xogar un papel fundamental na expansión á poboación dos coñecementos e experiencias en primeros auxilios e reanimación básica”.
Relevancia do labor do primeiro intervinte
É clave o labor do primeiro intervinte –testigo– nun paciente en situación de parada cardiorrespiratoria, de ahí a importancia da formación á poboación nestas técnicas. Porque non soe dipoñerse dun médico ou dunha enfermeira experta nos sitios concretos onde acontecen este tipo de doenzas.
O xefe do servizo de Urxencias do CHOP estima que, por cada minuto que pasa un paciente en parada cardiorrespiratoria sen reanimación, éste perde un 10 por cento de posibilidades de recuperación. En 4 minutos sen ningunha reanimación aplicada, o seu cerebro vai presentar moi importantes alteracións e, sen dúbida, secuelas posteriores ou incluso a morte.
Curso con avais científicos
Este curso teórico práctico sobre “Reanimación cardiopulmonar” que hoxe se efectuou na Escola Infantil Bicos de Pontevedra, conta cos avais científicos do Plan Nacional de Reanimación Cardiopulmonar e da AHA (American Heart Asociation) dentro do plan de atención cardiovascular de urxencia da Sociedad Española de Urgencias y Emergencias (SEMES).
Dita actividadeanalizou con simulacións prácticas interactivas -efectuadas polos coidadores coa asesoría do persoal do Servizo de Urxencias da EOXI de Pontevedra e O Salnés- os protocolos de actuación e algúns cadros patolóxicos que presentan os pacientes infantís en diversas situacións críticas.
Así mesmo, esta actividade docente terá unha avaliación global teórica e práctica polo persoal do servizo de urxencias da EOXI de Pontevedra e O Salnés, que se complementará coa execución de novas simulacións de casos, nas que se supervisará a eficacia e calidade das técnicas aplicadas polos coidadores da escola infantil coma polos propios pais.











