Crisanta Balado Conde gaña o noveno sorteo da campaña Estrela de Marín
Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, a gañadora do noveno vale de 300 € foi Crisanta Balado Conde que recollerá o seu premio o vindeiro luns día 1 de xuño ás 13 horas, na sede social da asociación, das mans da Presidenta do CCA Estrela de Marín Dª Isabel Torres Pazos. A gañadora realizou as súas compras en Casual, Nube e Xoiería Rosant. Crisanta, disporá dun mes para canxear o vale, en calquera dos establecementos participantes. A Campaña Estrela, lévase a cabo cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, dende o día 1 de setembro e ata o 30 de xuño de 2015. O seguinte sorteo efectuarase o 30 de xuño.











