Cortes de tráfico en Santiago por diversas actividades deportivas e veciñais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Por mor da celebración dunha actividade veciñal, o vindeiro sábado 9 de maio pecharase ao tráfico a praza do SUNP-12 (Castiñeiriño) na confluencia coas rúas Federica Montseny, Alfredo Vicenti e Constantino Nogueira entre as 16.00 e as 21.00 horas. Permitirase o acceso dos residentes aos garaxes.

Tamén o sábado 9 de maio e debido aos traballos de rebacheo da Brigada de Vías e Obras, o carril de servizo de entrada á cidade da rúa do Cruceiro da Coruña quedará cortado no tramo comprendido entre a rúa Tabaniscas e a rúa Manuel María (entrada ao antigo mercado de Salgueiriños).

O acceso á rúa do Tambre farase pola rúa Tabaniscas e a rúa da Devesa. A saída será pola rúa do Río pasando a rúa de Manuel María.

Os autobuses da liña 1 realizarán o seu percorrido habitual ata o momento do corte, no que quedarán suprimidas as seguintes paradas:

-073 Avda. Cruceiro da Coruña 4 (Meixonfrío).

-544 Salgueiriños (aparcadoiro).

Este corte estaba previsto para o pasado 1 de maio pero tivo que adiarse polas malas condicións climatolóxicas.

Cortes de tráfico por mor da celebración da carreira SantYaGo 10k

O vindeiro sábado día 9 celebrarase na cidade a carreira SantYaGo10K, proba atlética na que está previsto que participen arredor de 2.000 corredores. Durante o transcurso da proba as rúas do percorrido sufrirán alteracións circulatorias.

O itinerario é o seguinte: saída da avenida Xoán XXIII, rúa San Francisco, Obradoiro, Franco, travesa de Fonseca, Rodrigo de Padrón, avenida de Figueroa, Alameda, Campo da Estrela, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, Montero Ríos, praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio, Virxe da Cerca, Casas Reais, rúa Travesa, San Agustín, Ameas, praza de San Fiz, travesa da Universidade, rúa do Castro, Preguntoiro, Cervantes, Acibechería, Vía Sacra, San Paio de Antealtares, Conga, Xelmírez, rúa Nova, cantón do Toural , praza do Toural, rúa do Vilar, praza de Praterías e Fonseca, con final na praza do Obradoiro.

ESTE PERCORRIDO ESTARÁ PECHADO AO TRÁFICO ENTRE AS 21:30 E AS 23:30 HORAS do sábado 9 de maio, polo que os usuarios dos garaxes situados nas rúas que comprende o itinerario non poderán entrar nin saír dos mesmos durante ese tempo.

Os cortes e os desvíos estarán debidamente sinalizados e atendidos por Policía Local.

7 de maio de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.