Corte de tráfico na rúa do Medio
O vindeiro luns 11 de maio durante todo o día pecharase ao tráfico a rúa do Medio, na entrada pola rúa da Angustia, por mor dos traballos de reparación dunha tubaxe que vai relizar a empresa Viaqua. Tanto o acceso como a saída á rúa do Medio farase pola travesa de San Pedro. Non se verán afectados nin os servizos de carga e descarga nin o aparcamento.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.











