Coro Piñeiro coñece o novo proxecto da Asociación Aspnais para rehabilitar un antigo hospital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Coro Piñeiro na presentación do proxecto

Coro Piñeiro na presentación do proxecto

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, asistiu hoxe en Lugo á presentación do proxecto de rehabilitación do antigo hospital San Xosé da Asociación de Padres e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (Aspnais).

Piñeiro lembrou que a Xunta ten concertadas con este colectivo un total de 139 prazas para o que destina ao ano máis de 1,3 millóns de euros. Así mesmo, recordou o firme compromiso do Goberno galego coas persoas con discapacidade, tanto a nivel orzamentario cun presuposto de 100 millóns de euros para este ano; como a nivel organizativo e normativo, a través doutras actuacións como a nova Lei de accesibilidade; os avances na coordinación da atención temperá; ou a carteira de servizos de atención á dependencia, con recursos específicos segundo o tipo de discapacidade.

20 de maio de 2015 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.