publicidade hoxe

Cores Tourís visita Oia para analizar as necesidades dos centros educativos do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaOiaPontevedra
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Oia para coñecer as últimas obras executadas nos centros educativos do municipio así como para analizar as necesidades pendentes. O delegado territorial foi invitado polo alcalde da localidade para coñecer as demandas educativas do municipio e estivo acompañado polo xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares.

Sobre a mesa analizáronse as propostas do concello de cara a mellorar o CEIP Mestre Manuel García e o CEIP de Refoxos a través de investimentos con cargo ao convenio firmado entre a Consellería de Educación, a Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia.

Neste senso, o obxectivo do municipio e executar dúas pistas exteriores en cada un destes centros de cara a aumentar a zona de ocio e deporte dos colexios.

Deste xeito, Cores Tourís aproveitou para achegarse ata o CEIP Mestre Manuel García, onde se están a levar a cabo obras e reforma da cuberta do ximnasio. Neste centro, nos últimos anos, tamén se levaron a cabo obras de reforma da cociña e das aulas de Infantil, a reparación da cuberta do pavillón así como unha reforma integral da instalación eléctrica.

Posteriormente tamén se trasladou ata o CEIP de Refoxos, onde a Consellería de Educación mellorou a instalación de fontanería, reformou a instalación eléctrica e a calefacción.

A Guarda

O delegado territorial tamén puido coñecer, ao longo desta mañá, as melloras executadas nos centros educativos do concello de A Guarda, onde, nestes intres estase a executar a reforma da cuberta do patio do CEIP A Sangriñan.

Tamén nestes intres estanse a executar obras de reparación de diversa índole no CEIP Rodríguez Sinde deste mesmo municipio.

6 de maio de 2015 | 14:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.