publicidade hoxe

Cores Tourís coñeceu as innovacións da empresa Bopapel instalada no polígono empresarial de Areas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonteareasPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita á empresa Bopapel

Cores Tourís na visita á empresa Bopapel

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a planta da empresa Bopapel, situada no polígono empresarial de Areas, en Ponteareas, invitado polos representantes da firma para coñecer o proxecto de mellora da eficiencia e aumento da súa capacide de producción nos que investiu 2,5 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra estivo acompañado nesta visita polo alcalde do municipio, Salvador González, e o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, e o director e presidente da firma, Ángel Lorenzo, cos que percorreu esta empresa dedicada dende 1995 á manipulación, transformación, elaboración de artigos de papel e cartón para uso doméstico, sanitario e hixénico.

Tal e como manifestaron os representantes de Bopapel, o proxecto que presentaron ao delegado territorial supuxo un investimento de 2,5 millóns de euros, dos cales o 10% (254.305 euros) foi aportado polo IGAPE a través dunha subvención.

Deste xeito, a firma levou a cabo unha iniciativa innovadora co obxectio de mellorar a eficiencia e aumentar a capacidade de producción na fabricación de productos para uso doméstico, encadrándose na súa estratexia empresarial de implemntar dende a creación da empesa ao mesmo tempo que centra os esforzos iniciais de negocio para os próximos anos.

Deste xeito, ampliouse a capacidade de produción de produtos de papel para uso doméstico, que aglutinan aproximadamente o 60% da facturación da empresa, co fin de adaptala á demanda do mercado, así como mellorar a eficiencia eflexibilizar a produción par apoder atender pedidos con características específicas e tiradas curtas sen necesidade de parar a produción de tiradas máis longas de productos con características máis estándar, e introducir o proceso de pegado sen cola adhesiva a través da incorporación de maquinaria.

Para conseguir estes obxectivos mellorouse a maquinaria da firma, comprándose unha cortadora, varios desenroladores, un grobador, unha rebobinadora, un encolador, un acumulador, un cargador de logs e un volteador de tubos.

Unha das principais liñas de actuacións desenvolvidas segundo o plan estratéxico desta empresa céntrase en por en marcha unha xestión baseada nun produto respetuoso co Medio Ambiente.

Bopapel conta cunha nave de 10.000 metros cadrados na que traballan 24 persoas a 3 turnos e conta cunha facturación anual de 12,5 millóns, producindo oito trailers ao día. “Coa nova maquinaria, o aumento de produción roldará o 15%”, explicou Ángel Lorenzo.

Esta empresa destribúe os seus productos baixo varias marcas comerciais que inclúen referencias tanto a gama doméstica como a industrial. Dentro da carteira de clientes destacan almacéns de alimentación e de droguería como Froiz, Gadisa ou Caro Ruiz entre outros. Concentra as súas vendas nun 79% en España e 20% en Portugal, exportando a países como Italia, Fracia, Cabo Verde, Marrocos, Guinea Ecuatorial e Gabón.

4 de maio de 2015 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.